jueves, 21 de mayo de 2009

O PARQUE NON SE VENDE



O presidente da Asociación en Defensa do Parque Rosalía de Castro presentou onte sendas denuncias no xulgado de garda e a Delegación de Cultura. No texto, Marcos Bourio di que se realizan traballos no antigo Sanatorio Portela, un edificio catalogado, e na leira lindeira cara ao final da rúa Xacobe III. Todo iso, asegura, sen o preceptivo permiso da Consellería de Cultura. Di que non hai cartel no que conste o número de licenza, arquitecto e as obras a executar.

Na mesma denuncia sinálase que a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia establece a protección da contorna dos edificios catalogados. Cerca do antigo sanatorio está en execución a urbanización da unidade de actuación CS-5, á que se opón a citada asociación.

Nos escritos presentados no Xulgado e na Consellería de Cultura, solicítase a adopción das «medidas correctoras oportunas para evitar a total deterioración de devandita zona emblemática». Reclaman tamén a esixencia das responsabilidades que puidesen ter os organismos e os técnicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario